En Manawee, as matrioshkas Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo, escrébense unha carta a si mesmas. Unha nota aclaratoria sobre o que xa pasou e non se decataron. Unha explicación sobre aquelas furias, euforias, amores, paixóns e pánicos que pasaban como tornados nos anos da súa infancia camiño da adolescencia. Esa carta que tod@ nen@ recibirá de si mem@ no futuro.
Manawee é unha desas emocións novas que aparecen nos momentos de cambio e que aínda non teñen nome, un espectáculo para aqueles nen@s que vislumbran grandes cambios.
Creative Commons Attribution-NonCommercial 4.0