Este espectáculo é unha homenaxe a todas as persoas que nos arroupan e nos dan guía; a todas esas figuras que , estean presentes ou non, nos serven de compás e nos fan medrar; ás mestras de vida, encarnadas para nós en María Victoria Moreno Márquez, sempre entregada nas aulas e nos libros, sempre apaixonada, comprometida e honesta.
Esta é unha peza creada sobre un concienzudo traballo de documentación, mais o seu obxectivo non é facer unha enumeración de feitos, datas e títulos. O noso labor é facerlle a María Victoria e ás outras mestras de vida o agasallo que merecen: poesía, amor, fantasía e humor.
All rights reserved