2305264423359
Ratiña
05/26/2023
JULIA (9) mírase ao espello uns instantes, antes de afeitarse a cella dereita cunha
cuchilla. MARÍA (25) entra no baño e Julia non sabe que dicir. Que fai na cella? E por
que voltou coller as súas cousas sen permiso? A nena négao todo. "Daquela ímosllo
dicir a teu pai". No salón, María e JOSE (50) póñense a falar sobre se a nena minte ou
non minte. Julia queda nun segundo plano, e ninguén se decata cando marcha da
habitación, allea á conversa dos adultos. Cando deita á súa filla, Jose intenta averiguar
por que se quitou a cella: "vai algo mal, ratiña?". Ela síntese culpable polo conflito
xerado, e volta negar que quixera facer nada diso. Preocúpase máis por como está seu
pai. Ó día seguinte, María leva á nena ao colexio. Explícalle que onte non soubo
reaccionar, todo isto é novo para ela. Julia non ten nada que disculpar, ela tamén se
sinte mal. Á entrada da escola, pídelle a María que non a acompañe ata a fila. Entra soa
no recinto, e a cola agarda con xesto impasible a que soe a serea, mentres os nenos a
saúdan ó seu redor: "regala cellas, cellas raras, rata peluda!".
All rights reserved