Comando Comadres é un guión teatral no que A través do humor un grupo de activistas organizadas por Comandos ataca as múltiples manifestacións da violencia sexista, e cuestiona a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual. Mulleres preparadas para as encomendas máis perigosas levan a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión:
crear unha rede de Comandos a nivel mundial para despertar as conciencias sobre a importancia da igualdade dos dereitos e deberes sociais entre ambos xéneros tanto no ámbito público coma no privado. Comando Comadres rende homenaxe a tódalas heroínas de a diario, ás mulleres invisibilizadas, á historia oculta do noso pasado.
All rights reserved