O señorito Alexandro, despois da carreira de perito agrícola, que non a fai servir, con abondo de cartos guiando e seu deportivo ata altas horas da mañanciña; entretense na procura de mozas, coma trofeos de caza maior, a dereito de pernada.
A o libre albedrío, toma coma dedicación esa continuidade do seu pai don Vicente, alcalde e terratenente daquel pobo sen nome que poñer.
A servidume compón ese equipo, con persoeiros que farán o traballo de obriga para teren todo en orden. As mociñas con idade de merecer, son candidatas a deixar nelas a súa semente, sen procura de unha liñaxe limpa.
Como a velocidade é a pésima compañeira dos insensatos; as malas compañías botarían en perda ao raparigo, con accidentes polas estradas, minguado saúde. Froito dos malos hábitos, os estragos encadéanse ata rematar na perda total.
Creative Commons Zero 1.0