INERTIA é o título da creación escénica orixinal, situada no ambito das artes do movemento e o seu diálogo ca música contemporánea. O guión coreográfico e de movemento de INERTIA, así como a dirección artística dos mesmos, son autoría de Javier Martín. O proxecto inclúe a colaboración con Vertixe Sonora, ensemble tamén amplamente destacada no eido da música contemporánea. Tras compartir un proceso de investigación e creación en código aberto durante varios meses, o equipo procura producir un espectáculo escénico versado nos rigores da improvisación a nivel de son e movemento, baixo a dirección de Javier Martín. A singularidade do proceso creativo de INERTIA consiste na realización de exercicios de improvisación pura, tanto por parte do bailarín como por parte dos músicos, investigando xuntos no concepto do feedback, da retroalimentación entre movementos e sons. Así, a metodoloxía principal de traballo consiste en introducir en cada instrumento altofalantes de vibración, ao tempo que o bailarín leva no seu corpo incorporados un sistema de microfonía que funciona como sensor dos seus movementos. Estes dous elementos (micro e altofalante conectados), e a manipulación dos instrumentos por parte dos intérpretes, permiten xerar sons orixinaris que son froito da interacción de movemento e instrumentos.
Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0