Programa semanal no que se percorren catro rutas ou itinerarios galegos de interese paisaxístico, ecolóxico ou natural. O espectador experimenta en primeira persoa a sensación de percorrer unha ruta, ver as paisaxes e falar coa xente que atopamos no camiño. Montaña, bosques, cantiis e ríos debuxan a peculiar identidade da nosa xeografía. Ainda que a principal forma de percorrer as rutas será a pé ou en bici, o longo dos episodios haberá outros medios menos frecuentes (cabalo, piragua, rafting, barranquismo, etc ) que dunha forma ecolóxica aporten novas sensacións máis próximas a aventura na natureza.
All rights reserved