Este traballo como ser de paixón, elemento esencial entre a parella ademais de facer un camiño conxunto en harmonía, requirindo consenso entre as partes; non se lle pode pedir máis ao destino. Polo que engadindo expresións de ficción neste contido, expóñense aventuras, historias e certo realismo de crítica aos tempos que vivimos neste convulso presente, atrevéndose a percorrer os seus contidos con certa curiosidade; ao que engádense outras referencias, afondando nas obras e murais do coñecido autor Diego As, dando moito que pensar coa súa arte que se espalla polas vilas galegas, e mesmo por diversos puntos do Estado español, para admiración de quen ten o pracer de poder contemplalas, con esas raíces de mostras varias en detalles ao longo do seu tempo como un gran exemplo a ter en conta.
Creative Commons Zero 1.0