Un corpo sen vida é atopado onda o río de Brandán. Mentres a policía investiga o caso o lector ten a oportunidade de coñecer aos cidadáns deste pequeno pobo de Galicia. A súas relacións e opinións son tan variadas como interesantes. O equipo de policía a cargo está composto por a axente Casedo, o inspector Gandoi, a axente Parra, o axente Torres e a doutora Luaces. As principais testemuñas e persoas sospeitosas son o home da persoa falecida (Roque Touceiro), a veciña señora Purificación Rego e o señor sen teito Agustín, máis coñecido como o Lateiro. Hai moitas outras personaxes que lle dan colorido e diversión á narración, vellos do pobo con pouco que facer e moito que dicir.
All rights reserved