Imos para dentro
Dende sempre tivérao moi claro o que faría coa súa vida; percorrería os camiños buscando esa formación desexada de procurarse un porvir por descubrir. Pero como era consciente que nada era de agasallo, debería pelexar por el, e si fose mester, ensinando os dentes amablemente, para facerse un oco no mercado laboral.
Cando saíra da escola, a iso dos quince anos, como antes de tempo, debido a esas présas por querer gañar os cartos, que as devanditas xamais foron boas para ninguén; el quería vestir a coraxe dabondo de auto financiarse. De xeito que a diario, a súa arma de defensa, era revolverse contra os do carón, coma se cales inimigos, sentíndose dende o seu propio punto de vista como un incomprendido. E en parte non estaba moi descamiñado, posto que tiña moi claro, que o destino había que saír ao seu encontro para poder tallalo á súa medida, e non agardar que este chegase improvisado de calquera xeito.
All rights reserved