Un neno xoga na rúa e ve a outros nenos xogando cos seus irmáns. O rapaz pasa moito tempo na única compañía da súa avoa, que está mal da cadeira e non pode camiñar moito. Isto fai que se sinta só e pídelles aos seus pais que lle traian un irmanciño. Ante a negativa deles, un anuncio televisivo que anuncia un boneco fai que pense que pode substituír a idea do irmanciño por un boneco ao que poder coidar e agarimar. Os pais mercanllo polo seu aniversario e o rapaz é feliz durante un tempo, facéndolle soamente caso ao boneco, ata que un día, pola chuvia, deixa de funcionar. Nese momento, o neno rompe a chorar e a súa avoa cálmao cunha lección, que é que as cousas non duran para sempre e que ten que sentirse agradecido por ter sido feliz co boneco o tempo que puido.
All rights reserved