Durante séculos, Galicia foi unha das fronteiras máis perigosas do
Atlántico. Polas súas rías e cabos pasaban as rutas comerciais máis
ricas de Europa… e tamén os inimigos máis temidos: piratas ingleses,
corsarios berberiscos, contrabandistas e aventureiros de toda
condición.Mais Galicia non foi só vítima.
Os seus propios mariñeiros, armadores e comerciantes participaron
activamente no negocio do corso, sementando o terror no océano con
barcos lendarios como O Audaz, O Veloz ou O Atrevido.
A serie “Corsarios e Piratas de Galicia” mergúllase nesta historia
fascinante, mesturando rigor histórico e narrativa épica, para contar
como o mar marcou a identidade galega. Cada episodio ofrece unha
viaxe entre a historia documentada e a lenda transmitida, dende
Francis Drake e María Pita ata Benito Soto, considerado o último gran
pirata do Atlántico.
All rights reserved