Hai no mar unha serea,
no ceo un sol brillando,
no porto a alameda,
e hai ondas ondeando.
Ondean as bandeirolas,
as nubes van camiñando,
na taberna serven copas,
e a torre gobernando.
Roupa tendida na fiestras,
as campás están soando,
as xentes nas súas casas
polo sol que vai queimando.
Ao fondo as estrelas
ó norte vento ventando,
o Ulises das témperas,
Urbano Lugrís pintando.
Poema by Xurxo Gago Chao © O Németon do Galaicum | O feed é de uso persoal.
All rights reserved